Mostrando entradas con la etiqueta ciencias da terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias da terra. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de octubre de 2022

Actividade 7: Fontes de información ambiental

Xa estudamos que o primeiro paso para crear os modelos de sistemas da Terra é utilizar as Fontes de información ambiental

Para rematar a Unidade 1 imos a centrarnos dunha forma práctica en dúas destas fontes: os sistemas combinados como GOOGLE EARTH ou EARTH 3d e os  sistemas de información geográfica (SIGs) 

  • Tedes que ir a Google Earth ou a Earth 3d. Instalade o programa.
  • Navegade ata unha zona onde esté o voso domicilio.
  • Seguide as seguintes instrucións e, en cada caso, anotade os resultados:
    • Coordenadas xeográficas da localización da túa vivenda e do IES Proval.
    • Distancia en liña recta entre os dous puntos. 
    • Medición da superficie da parcela, edificio ou vivenda, según corresponda. 

 

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Actividade 3: Teoría xeral de sistemas.

Continuamos na aula virtúal. Lé atentamente porque é un apartado algo dificil

No punto 1.3 explícase que o medio ambiente (o planeta Terra) débese de estudar mediante un enfoque holístico e, por outra banda, pode considerase como un Sistema, polo que para o seu estudo debemos de aplicar a teoría de sistemas.

1. Na teoría de sistemas, que é un enfoque reducionista e que é un enfoque holístico. 

2. Cando se debe de empregar o enfoque holístico?

3. Busca información sobre a Teoría de sistemas: quén a propuxo?, en que campos se pode aplicar? ...

O resto do documento servirá para consultar o cuestionario correspondente do blog da materia.

miércoles, 14 de septiembre de 2022

Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.

 Para facer esta actividade empregaremos a aula virtual da materia. Se aínda non estás rexistrado faino. Unha vez feito accede a Unidade 1: O sistema Terra.

Agora accede ao documento en formato .pdf e contesta as preguntas de abaixo relacionadas cos apartados:

1.1 LAS CIENCIAS DE LA TIERRA

1.2 APROXIMACIÓN AL TRABAJO CIENTÍFICO

Contesta:

1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.

2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.

3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.

4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?

  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.

5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.


viernes, 17 de septiembre de 2021

Actividade 0: Explorando ...

Na primeira clase de Ciencias da Terra ides a "explorar". Por unha banda explorar o blog da materia e, por outra, explorar o programa Blogger.

... descubrindo o blog de CTMA.

Primeiro observade que na columna dereita aparecen as presentacións dos temas que imos a dar. O contido delas é o esencial da materia, poderíamos dicir que son os contidos mínimos para preparar os exames. Eu os explicarei e incidirei nos máis importantes.

Ide polas distintas seccións do blog (en blogger se chaman páxinas) mirando o que hai en cada unha delas. Entre elas hai dúas seccións de moito interese:

- a primeira é a de TAREFAS, nela aparecen astarefas tedes que facer ao longo do curso, as unidades e temas que trataremos (sempre dependendo de canto avancemos) e os procedementos e aplicacións que empregaredes para o voso traballo. Nesta páxina é onde colgarei os prazos das tarefas e as datas de exames, así que vos recomendo visitala regularmente. 

-a outra sección de interese é a de PROTAGONISTAS onde podemos consultar, só consultar e como moito comentar dun xeito construtivo os blogs dos demais. 

Lede as seccións con atención, evitaredes preguntarme cousas que ahí xa están explicadas. 

Por outra banda botádelle unha ollada as entradas que se atopan na pantalla inicial. Serviranvos para facerse unha idea de como ides a traballar. Nun blog as entradas colócanse automáticamente por data de publicación de máis recente a máis antigas.

... descubrindo o programa Blogger. 

Para poder crear o voso blog (a partir de agora o chamaremos blog d@ alumn@) teredes que rexistravos en Blogger. Hai moitos outros programas que permiten crear blogs ... é bastante mellores. Eu escollín blogger pola súa facilidade de aprendizaxe e porque para rexistrarse (é un requisito en todos os programas deste tipo) nos vale ca conta de correo gmail ... é nos anos que levo traballando no blog tod@s vos o tedes 😀

Pasos para crear o voso blog

1- Nun buscador poñer blogger. Iniciar sesión/rexistrarse.

2- Buscar un tema que vos guste pero que teña un deseño "profesional", por exemplo cun fondo que permita ler e correxir as vosas actividades comodamente, ou que vos permita acompañar o texto con imaxes. Non sería a primeira vez que alguén elixe un mal tema, fai as actividades, se da conta (ou me dou conta eu) que non se len o que as imaxes se cortan, e cando hai que cambiar de tema o programa lle descoloca cousas. Polo tanto calma na elección do tema.

3- Personalizar o blog explorando as súas posibilidades. 


miércoles, 15 de septiembre de 2021

Presentación





Bo día prezados alumn@s de Ciencias da Terra e do Ambiente. 
Son Fran Álvarez, e tentarei de facer que esta materia, que tantas posibilidades ten, vos resulte interesante e doada.
Benvidos ao curso 2022-23.