Como está reflexado na programacción da materia a elaboración de informes periódicos ao longo do curso é unha actividade obrigatoria que suporá o 30% da nota de cada avaliación.
Os informes a realizar serán publicados nesta páxina e anunciaranse na páxina principal do blog.
CUALIFICACIÓN DOS INFORMES.
De xeito xeral (dependendo do informe pode modificarse algo) a cualificación será a seguinte:
- Presentación: ata 1 punto.
- Extensión: ata 1 punto.
- Contidos: ata 8 puntos.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
O informe farase cun procesador de texto (word ou compatible) en galego.
Imprimirase e entregarase por escrito antes da data límite.
Debera de conter todos os apartados especificados en cada informe a menos que se indique como opcional.
O informe debe de ter portada, índice e contraportada. Pode conter imaxes, gráficos, encabezado e oé de páxina, etc.
Puntuará o seu deseño e especialmente a súa claridade de lectura. É obrigatorio cumprir cos formatos de letra indicados abaixo. Pode estar en cor ou non.
A súa extensión máxima figurará en cada informe. Dita extensión refírese ao texto, as imaxes non contan.Cumprindo co anterior a extensión debe de tomarse como unha indicación da importancia do traballo e dos requisitos mínimos do mesmo.
Se os traballos levan imaxes colocaranse na páxina final deste facendo no texto unha referencia (por exemplo, imaxe 3)
Formato de letra obrigatorios:
para os apartados: arial, 16 puntos, azul escuro.
para o texto en xeral: arial, 11 puntos, negro.