Mañá temos as exposicións voluntarias na primeira metade da clase.
Logo pensaba dar as notas finais pero na corrección dos blogs detectei numerosos plaxios. É a primeira vez que isto sucede na materia a tal escala e entristéceme moito, ao tempo que me complica a corrección ao ter que, ademais da corrección propiamente dita, ter que comparar as distintas entradas entre todos vos. Nalgún caso eu non podo ter a certeza (aínda que o sospeite) de quen copia a quen polo que ata que isto se resolva -e espero que sexa mañá- non terei as notas dos implicados. En caso de que ninguén asuma a súa responsabilidade a puntuación de ambos para cada entrada plaxiada sera 0.