Mostrando entradas con la etiqueta atmosfera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta atmosfera. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2022

Actividade11: O ciclo do auga (1ª parte)

 Ao comezo da unidade 2 explícase a importancia do ciclo do auga como un exemplo de interacción entre os 5 subsistemas do planeta Terra. 

Agora, que xa estudamos a atmosfera e antes de estudar a hidrosfera faredes unha entrada sobre este ciclo:

1. Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan?

2. Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.

3. Define: escorrentía superficial; evaporación, infiltración, evapotranspiración.

domingo, 23 de octubre de 2022

Actividade 9: A Troposfera.

 Xa estudamos cal é a composición química da atmosfera e a súa estrutura ou organización en capas. Nesta entrada ides a ampliar a información en relación ca Troposfera.

1. Que é o aire?, cal é a composición da atmosfera dun xeito máis detallado que na presentación?.

3. Indica a importancia que, en relación ca vida, ten cada un dos seus compoñentes principais.

4. Como era a atmosfera primitiva da Terra?

5. Que son os fenómenos meteorolóxicos? Indica explicando, alomenos, 5 tipos.

jueves, 20 de octubre de 2022

Actividade 8: Paråmetros clave para entender a atmosfera.

 A atmósfera é unha capa fluida en contínuo cambio. A súa dinámica é moi complexa pero, dun xeito simplificado, podemos dicir que hai tres parámetros básicos que controlan o seu comportamento: a presión, a temperatura e a humidade.

1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

2.  Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera?

3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

Breve introducción sobre as características da Atmósfera.

Comenzamos o estudo da Terra pola súa capa exterior: a atmosfera (do grego atmos, vapor ou aire e fera, capa). 

Como introdución tedes que ler o seguinte enlace que é unha explicación xeral e sinxela das características desta capa. É materia para preparar o exame.

miércoles, 19 de octubre de 2022

Nova unidade: Atmosfera.

 



Unha vez estudado o planeta Terra como un sistema moi complexo comezamos o estudo dos seus subsistemas.
 O primeiro deles é a capa máis exterior e "lixeira" a Atmosfera.