Mostrando entradas con la etiqueta ciclo do auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciclo do auga. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de noviembre de 2022

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

 Seguimos estudando o ciclo do auga agora xa enlazando ca unidade 3, a Hidrosfera:

1. As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade?

2. Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.

3. As augas mariñas son salgadas, de onde procede a súa salinidade?

4. Define: nivel freático, marea, corrente mariña, onda.

miércoles, 2 de noviembre de 2022

Actividade11: O ciclo do auga (1ª parte)

 Ao comezo da unidade 2 explícase a importancia do ciclo do auga como un exemplo de interacción entre os 5 subsistemas do planeta Terra. 

Agora, que xa estudamos a atmosfera e antes de estudar a hidrosfera faredes unha entrada sobre este ciclo:

1. Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan?

2. Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.

3. Define: escorrentía superficial; evaporación, infiltración, evapotranspiración.