Mostrando entradas con la etiqueta sistemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sistemas. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de diciembre de 2022

Unha nova visión

Apenas coñecemos nada do Universo, nin tan sequera do noso veciño máis próximo. 

Ata fai pouco Marte describíase como un planeta moi hostíl (por non dicir incompatible) para a vida. Un inmenso deserto vermello sen auga, azotada por ventos moi intensos e cunha radiación solar na superficie que fai imposible calquer tipo de vida ... pero agora as novas fontes de información  científicas abren o camiño a outras posibilidades.

Observa Marte cas novas imaxes da NASA. Os polos, cos inconfundibles tonos azuis da presenta da auga; as escasas pero existentes nubes, e as covas subterráneas, quizais un abrigo contra as radiacións mortais? 


miércoles, 5 de octubre de 2022

Actividade 5: A Terra como sistema.

 Rematamos co uso da aula virtual da materia. 

Unha vez que estudamos que é un sistema e cales son as súas características tentaremos de descubrir se o planeta Terra pódese considerar como un sistema. 

No punto 1.3 dise:

- Un sistema es un conjunto de elementos en interacción que guardan estrechas relaciones entre sí.

 1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?

 - Cuando se habla de sistemas se piensa en una totalidad cuyas propiedades no se pueden atribuir a la simple adición de las propiedades de sus partes o componentes.  

 2. Pensas que os anteriores compoñentes, non seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.

- El enfoque sistémico, en el que prima el estudio de las interrelaciones sobre la observación aislada de los fenómenos, es el más adecuado para los estudios medioambientales.  

 3. Que quere dicir a anterior frase?

- Los sistemas se estructuran en subsistemas, y estos, a su vez, en componentes cada vez más pequeños. Hay, por lo tanto, sistemas dentro de sistemas. El nivel de observación, es decir, la escala de estudio, dependerá de los intereses de la investigación.  

 4.Escolle un dos compoñentes que contestaches na pregunta 1. Ese compoñente ou subsistema está formado, a súa vez, por compoñentes menores? Razoa a resposta.

- Los sistemas altamente complejos son impredecibles. Pequeñas variaciones locales pueden experimentar am-plificaciones que provoquen efectos a gran escala. Esto es lo que se conoce como “efecto mariposa”.

 5. Pon un exemplo concreto "do efecto mariposa".

domingo, 2 de octubre de 2022

Actividade 4: Características dos sistemas.

Na aula virtúal imos a ver cales son as principais características dun sistema.

1. Que características debe de ter todo sistema?

2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado; un sistema aillado.

3. Que é un modelo?

4. Cal é a diferencia entre un modelo de caixa negra e un de caixa branca?

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Actividade 3: Teoría xeral de sistemas.

Continuamos na aula virtúal. Lé atentamente porque é un apartado algo dificil

No punto 1.3 explícase que o medio ambiente (o planeta Terra) débese de estudar mediante un enfoque holístico e, por outra banda, pode considerase como un Sistema, polo que para o seu estudo debemos de aplicar a teoría de sistemas.

1. Na teoría de sistemas, que é un enfoque reducionista e que é un enfoque holístico. 

2. Cando se debe de empregar o enfoque holístico?

3. Busca información sobre a Teoría de sistemas: quén a propuxo?, en que campos se pode aplicar? ...

O resto do documento servirá para consultar o cuestionario correspondente do blog da materia.