Nesta páxina "colgarei" os cuestionarios da materia que servirán de base para preparar os exames.
Para contestalos déberedes de consultar por orde de prioridades:
1. As diapositivas das unidades correspondentes que figuran neste blog. É o máis básico e nelas atoparedes a maioría das respostas.
2. Os documentos da aula virtúal que amplían a información anterior.
3. Para outras preguntas (como, por exemplo, sucesos reais) utilizar a información da rede.
O procedemento de traballo durante o curso será:
- Consultar periódicamente a páxina Tarefas do blog.
- Contestalas facendo un primeiro borrador. Darase un prazo amplo.
- Rematado o prazo as correxiremos na clase. Puntuaranse as respostas dadas.
- É opcional o pasalas a "limpo"
O exame da unidade basearase na súa totalidade nestas preguntas.
A continuación tedes os cuestionarios de todo o curso. Hai que empezar a contestalas cando remate a explicación da a unidade correspondente.
Cuestionario unidade 1: O medio ambiente como sistema
Cuestionario unidade 2: A atmosfera
Cuestionario unidade 3: A hidrosfera
Cuestionario unidade 4: A xeosfera (primeira parte)
Cuestionario unidade 5: A biosfera