viernes, 17 de septiembre de 2021

Actividade 0: Explorando ...

Na primeira clase de Ciencias da Terra ides a "explorar". Por unha banda explorar o blog da materia e, por outra, explorar o programa Blogger.

... descubrindo o blog de CTMA.

Primeiro observade que na columna dereita aparecen as presentacións dos temas que imos a dar. O contido delas é o esencial da materia, poderíamos dicir que son os contidos mínimos para preparar os exames. Eu os explicarei e incidirei nos máis importantes.

Ide polas distintas seccións do blog (en blogger se chaman páxinas) mirando o que hai en cada unha delas. Entre elas hai dúas seccións de moito interese:

- a primeira é a de TAREFAS, nela aparecen astarefas tedes que facer ao longo do curso, as unidades e temas que trataremos (sempre dependendo de canto avancemos) e os procedementos e aplicacións que empregaredes para o voso traballo. Nesta páxina é onde colgarei os prazos das tarefas e as datas de exames, así que vos recomendo visitala regularmente. 

-a outra sección de interese é a de PROTAGONISTAS onde podemos consultar, só consultar e como moito comentar dun xeito construtivo os blogs dos demais. 

Lede as seccións con atención, evitaredes preguntarme cousas que ahí xa están explicadas. 

Por outra banda botádelle unha ollada as entradas que se atopan na pantalla inicial. Serviranvos para facerse unha idea de como ides a traballar. Nun blog as entradas colócanse automáticamente por data de publicación de máis recente a máis antigas.

... descubrindo o programa Blogger. 

Para poder crear o voso blog (a partir de agora o chamaremos blog d@ alumn@) teredes que rexistravos en Blogger. Hai moitos outros programas que permiten crear blogs ... é bastante mellores. Eu escollín blogger pola súa facilidade de aprendizaxe e porque para rexistrarse (é un requisito en todos os programas deste tipo) nos vale ca conta de correo gmail ... é nos anos que levo traballando no blog tod@s vos o tedes 😀

Pasos para crear o voso blog

1- Nun buscador poñer blogger. Iniciar sesión/rexistrarse.

2- Buscar un tema que vos guste pero que teña un deseño "profesional", por exemplo cun fondo que permita ler e correxir as vosas actividades comodamente, ou que vos permita acompañar o texto con imaxes. Non sería a primeira vez que alguén elixe un mal tema, fai as actividades, se da conta (ou me dou conta eu) que non se len o que as imaxes se cortan, e cando hai que cambiar de tema o programa lle descoloca cousas. Polo tanto calma na elección do tema.

3- Personalizar o blog explorando as súas posibilidades.