1. Tipos de traballos para facer (metodoloxía).
- Crear entradas propias no blog (vos escolledes temática e presentación pero sempre que estén relacionadas coa materia) ao longo de todo o curso.
- de xeito voluntario, nunha sección ou páxina que tedes que crear e que chamaredes VOLUNTARIOS
- Facer as entradas ou actividades obrigatorias no blog (aparecen na páxina principal do blogue de Cultura Científica) ao longo de todo o curso.
- obrigatorias, na páxina principal do voso blog, o título será actividade nº ....
- o apartado blog conta un 30-40% da nota (ata 3-4 puntos)
- Facer os informes obrigatorios impresos ou en pendrive das distintas unidades ou temas do curso. Os que teñades o libro da materia (recomendado) podedes utilizalo como punto de partida para facer os informes.
- este apartado conta un 15-20% da nota (ata 1,5-2 puntos)
- Facer probas de coñecementos avaliables (exames)
- este apartado conta un 45-55%% da nota (ata 4,5-5,5 puntos)
2. Como facer as tarefas (procedementos)
- Para as entradas no voso blog sempre procurade que teñan un aspecto "uniforme" , empregade o mesmo tipo de letra e o mesmo formato, a extensión de cada entrada vai variar pero evitade entradas moi curtas ou moi longas, cas imaxes que engadides as entradas as mesmas recomendacións. é obrigatorio ponerlle o nome da actividade.
- Para os informes a entregar empregaredes distintos procedementos: informes escritos cun procesador de texto; presentacións tipo Power point ou Prezi; infografías; mapas conceptuais e mentais ...
- Dependendo do caso os informes os entregaredes impresos ou en pendrive.
- As infografías e os mapas conceptúalis as colgaredes como sendas entradas do voso blogue (para iso unha vez feitas lles facedes unha captura de pantalla) e logo colocades esa captura no voso blogue na páxina principal. Por outra banda tanto infografía como mapa os tedes que imprimir en A4 a cor.
3. Cales son as unidades do curso (programa)
- As seguintes unidades resulta da adaptación ao formato do blog dos contidos que aparecen na programación da materia.
- A secuencia na que imos a dar as unidades e, polo tanto, as unidades que forman parte de cada avaliación pode variar na súa orde.
- Non
hai un libro da materia obrigatorio, como referencia eu utilizo o libro correspondente da editorial Anaya. Nese libro
podedes atopar moita da información necesaria para facer as actividades
dun xeito resumido e claro, pero tendo en conta que un dos obxectivos da
materia é a procura e análise crítico de información científica en
xeral o uso da rede como fonte de información sempre é necesaria.
1ª avaliación - UNIDADES 1 e 2.
1.1 INTRODUCIÓN AS CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE.
1.2 A TEORÍA DE SISTEMAS.
1.3 A TERRA COMO SISTEMA.
2.1 A ATMÓSFERA. CARACTERÍSTICAS XERAIS DA CAPA.
2.2 A ATMÓSFERA E O SER HUMANO.
2ª avaliación - UNIDADES 3 e 4.
3.1 A HIDROSFERA. CARACTERÍSTICAS XERAIS DA CAPA.
3.2 A HIDROSFERA E O SER HUMANO.4.1 A XEOSFERA. CARACTERÍSTICAS XERAIS DA CAPA.
4.2 A XEOSFERA E O SER HUMANO. 3ª avaliación - UNIDADES 5 e 6.
5.1 A BIOSFERA. CARACTERÍSTICAS XERAIS DA CAPA.
5.2 A BIOSFERA E O SER HUMANO.6.1 OS MEDIOS NATURAIS DE TRANSICIÓN.
6.2 OS MEDIOS DE TRANSICIÓN E O SER HUMANO.