miércoles, 2 de noviembre de 2022

Actividade11: O ciclo do auga (1ª parte)

 Ao comezo da unidade 2 explícase a importancia do ciclo do auga como un exemplo de interacción entre os 5 subsistemas do planeta Terra. 

Agora, que xa estudamos a atmosfera e antes de estudar a hidrosfera faredes unha entrada sobre este ciclo:

1. Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan?

2. Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.

3. Define: escorrentía superficial; evaporación, infiltración, evapotranspiración.