lunes, 31 de octubre de 2022

Os mapas meteorolóxicos.

Ao rematar esta unidade 2 teredes que saber interpretar e explicar un mapa meteorolóxico.
Para ir "facendo boca" mirade o seguinte vídeo:

jueves, 27 de octubre de 2022

 

A vosa primeira avaliación está prevista para o comenzo de decembro. Xa que o correxir as entradas dos vosos blogs levame bastante tempo o prazo para ter rematadas as entradas correspondentes as Unidades 1 e 2 (consultade a pestaña Programa do curso) remata o domingo 20 de novembro. 

O anterior non significa que se permita facer as entradas ao final da avaliación. Tedes que facelas a medida que vaian sendo publicadas.

As entradas que non foron feitas non se puntuarán nesta avaliación e para recuperalas cara a avaliación final do curso hai que crear unha sección no voso blog chamada RECUPERACIÓN e facelas, por orde, nesta páxina cos mesmos requisitos.

miércoles, 26 de octubre de 2022

Actividade 10: Gradente vertical de temperatura na atmósfera.

A seguinte gráfica mostra o gradente vertical de temperatura na atmósfera, é dicir, mostra como cambia a temperatura ca altitude. Fíxate que este gradente emprégase para diferenciar distintas subcapas.

A actividade consiste en explicalo indicando as causas destas variacións.



martes, 25 de octubre de 2022

Propiedades da auga

 Non somos conscientes do "especial" que é a substancia que chamamos auga.  Cunha composición química moi sinxela é capaz de ter unhas propiedades moi variadas e determinantes para que exista a vida. Na seguinte imaxes tedes algúns exemplos.

Propiedades del agua 1. Elevada tensión superficial (La superficie del agua  tiende a com… | Propiedades quimicas del agua, Propiedades del agua,  Tensión superficial

 

 

 

domingo, 23 de octubre de 2022

Actividade 9: A Troposfera.

 Xa estudamos cal é a composición química da atmosfera e a súa estrutura ou organización en capas. Nesta entrada ides a ampliar a información en relación ca Troposfera.

1. Que é o aire?, cal é a composición da atmosfera dun xeito máis detallado que na presentación?.

3. Indica a importancia que, en relación ca vida, ten cada un dos seus compoñentes principais.

4. Como era a atmosfera primitiva da Terra?

5. Que son os fenómenos meteorolóxicos? Indica explicando, alomenos, 5 tipos.

jueves, 20 de octubre de 2022

Actividade 8: Paråmetros clave para entender a atmosfera.

 A atmósfera é unha capa fluida en contínuo cambio. A súa dinámica é moi complexa pero, dun xeito simplificado, podemos dicir que hai tres parámetros básicos que controlan o seu comportamento: a presión, a temperatura e a humidade.

1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

2.  Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera?

3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

Breve introducción sobre as características da Atmósfera.

Comenzamos o estudo da Terra pola súa capa exterior: a atmosfera (do grego atmos, vapor ou aire e fera, capa). 

Como introdución tedes que ler o seguinte enlace que é unha explicación xeral e sinxela das características desta capa. É materia para preparar o exame.

miércoles, 19 de octubre de 2022

Nova unidade: Atmosfera.

 



Unha vez estudado o planeta Terra como un sistema moi complexo comezamos o estudo dos seus subsistemas.
 O primeiro deles é a capa máis exterior e "lixeira" a Atmosfera.




martes, 18 de octubre de 2022

Un exemplo práctico de problemática ambiental

Un dos principios da Teoría de sistemas é que todo sistema está formado por subsistemas que establecen relacións, as veces moi complexas, entre eles. Unha consecuencia disto aplicado ao sistema Terra é a complexidade na solución dos problemas ambientais. 

A seguinte noticia é un bo exemplo disto.

https://www.probelte.es/noticia/es/5-claves-para-entender-el-problema-del-mar-menor/91

Le o texto e logo o comentamos na clase.

domingo, 16 de octubre de 2022

 Dous avisos:

- Unha vez feito o exame hai que entregar o informe "É o planeta Terra un sistema" O prazo para entregalo remata o luns 7 de novembro ao finalizar a clase.

- Na sección de TAREFAS tedes o seguinte cuestionario da unidade 2, a Atmosfera, para que o vaiades facendo.

jueves, 13 de octubre de 2022

Actividade 7: Fontes de información ambiental

Xa estudamos que o primeiro paso para crear os modelos de sistemas da Terra é utilizar as Fontes de información ambiental

Para rematar a Unidade 1 imos a centrarnos dunha forma práctica en dúas destas fontes: os sistemas combinados como GOOGLE EARTH ou EARTH 3d e os  sistemas de información geográfica (SIGs) 

  • Tedes que ir a Google Earth ou a Earth 3d. Instalade o programa.
  • Navegade ata unha zona onde esté o voso domicilio.
  • Seguide as seguintes instrucións e, en cada caso, anotade os resultados:
    • Coordenadas xeográficas da localización da túa vivenda e do IES Proval.
    • Distancia en liña recta entre os dous puntos. 
    • Medición da superficie da parcela, edificio ou vivenda, según corresponda. 

 

miércoles, 12 de octubre de 2022

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental.

Hai uns días deixei no blog unha entrada cun exemplo práctico de problemática ambiental. Agora ides a facer un exercicio deste tipo:

Nunha cidade as copas dos árbores de prazas, parques, e avenidas mostran, de súpeto, unha variedade de mosca que se reproduce con gran facilidade e que afecta aos vasos condutores de zume (savia) da maioría das especies de árbores. Os vasos son destruídos, o zume non pode circular e o árbore morre.

1. Como aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.

2. Enumera posibles soluciones ao problema.

3. As solucións propostas, poden ter outras consecuencias que agraven ou mesmo inicien outro problema ambiental?

sábado, 8 de octubre de 2022

Mapas conceptuais e mentais

Os mapas conceptuais e mentais son unha forma de organizar as ideas dun tema, de tal xeito que queden xerarquizadas e relacionadas. De cada tema do curso teredes que facer e entregar (e se queredes tamén publicar) o seu mapa de mental.

Se estades interesados en coñecer máis, no seguinte enlace:

E se queredes empregar un programa moi sinxelo para facer mapas mentais (os que "xiran" arredor dunha idea central) unha opción é:
e outra:

miércoles, 5 de octubre de 2022

Actividade 5: A Terra como sistema.

 Rematamos co uso da aula virtual da materia. 

Unha vez que estudamos que é un sistema e cales son as súas características tentaremos de descubrir se o planeta Terra pódese considerar como un sistema. 

No punto 1.3 dise:

- Un sistema es un conjunto de elementos en interacción que guardan estrechas relaciones entre sí.

 1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?

 - Cuando se habla de sistemas se piensa en una totalidad cuyas propiedades no se pueden atribuir a la simple adición de las propiedades de sus partes o componentes.  

 2. Pensas que os anteriores compoñentes, non seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.

- El enfoque sistémico, en el que prima el estudio de las interrelaciones sobre la observación aislada de los fenómenos, es el más adecuado para los estudios medioambientales.  

 3. Que quere dicir a anterior frase?

- Los sistemas se estructuran en subsistemas, y estos, a su vez, en componentes cada vez más pequeños. Hay, por lo tanto, sistemas dentro de sistemas. El nivel de observación, es decir, la escala de estudio, dependerá de los intereses de la investigación.  

 4.Escolle un dos compoñentes que contestaches na pregunta 1. Ese compoñente ou subsistema está formado, a súa vez, por compoñentes menores? Razoa a resposta.

- Los sistemas altamente complejos son impredecibles. Pequeñas variaciones locales pueden experimentar am-plificaciones que provoquen efectos a gran escala. Esto es lo que se conoce como “efecto mariposa”.

 5. Pon un exemplo concreto "do efecto mariposa".

domingo, 2 de octubre de 2022

Actividade 4: Características dos sistemas.

Na aula virtúal imos a ver cales son as principais características dun sistema.

1. Que características debe de ter todo sistema?

2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado; un sistema aillado.

3. Que é un modelo?

4. Cal é a diferencia entre un modelo de caixa negra e un de caixa branca?