jueves, 27 de octubre de 2022

 

A vosa primeira avaliación está prevista para o comenzo de decembro. Xa que o correxir as entradas dos vosos blogs levame bastante tempo o prazo para ter rematadas as entradas correspondentes as Unidades 1 e 2 (consultade a pestaña Programa do curso) remata o domingo 20 de novembro. 

O anterior non significa que se permita facer as entradas ao final da avaliación. Tedes que facelas a medida que vaian sendo publicadas.

As entradas que non foron feitas non se puntuarán nesta avaliación e para recuperalas cara a avaliación final do curso hai que crear unha sección no voso blog chamada RECUPERACIÓN e facelas, por orde, nesta páxina cos mesmos requisitos.