Hai uns días deixei no blog unha entrada cun exemplo práctico de problemática ambiental. Agora ides a facer un exercicio deste tipo:
Nunha cidade as copas dos árbores de prazas, parques, e avenidas mostran, de súpeto, unha variedade de mosca que se reproduce con gran facilidade e que afecta aos vasos condutores de zume (savia) da maioría das especies de árbores. Os vasos son destruídos, o zume non pode circular e o árbore morre.
1. Como aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.
2. Enumera posibles soluciones ao problema.
3. As solucións propostas, poden ter outras consecuencias que agraven ou mesmo inicien outro problema ambiental?