lunes, 8 de mayo de 2023

 Hoxe no primeiro recreo estarei no laboratorio de Bioloxía (2ª planta) para dar as notas, se alguén non pode ir mañá no segundo recreo estarei no mesmo sitio.

Como non hai moito tempo en principio só vou a dar a nota final do curso (xa redondeada). O procedemento de cálculo é o mesmo que se vos mostrou nas anteriores avaliacións. Os que queirades saber máis detalles deberedes de esperar a que remate o resto.

ACTUALIZADO.

Logo de que só aparecera unha persoa para saber a súa nota por motivo de confidencialidade as publico na aula virtúal da materia.

domingo, 7 de mayo de 2023

Notas da avaliación ordinaria

Mañá temos as exposicións voluntarias na primeira metade da clase. 

Logo pensaba dar as notas finais pero na corrección dos blogs detectei numerosos plaxios. É a primeira vez que isto sucede na materia a tal escala e entristéceme moito, ao tempo que me complica a corrección ao ter que, ademais da corrección propiamente dita, ter que comparar as distintas entradas entre todos vos.  Nalgún caso eu non podo ter a certeza (aínda que o sospeite) de quen copia a quen polo que ata que isto se resolva -e espero que sexa mañá- non terei as notas dos implicados. En caso de que ninguén asuma a súa responsabilidade a puntuación de ambos para cada entrada plaxiada sera 0. 

jueves, 4 de mayo de 2023

ACTUALIZACIÓN Logo de todo un trimestre para ir traballando nos vosos blogs dun xeito continuo pero moi relaxado ...

  ... observo con preocupación que cando queda pouco máis de 24 horas para o peche das entradas correspondentes á terceira avaliación a maioría de vos ides moi retrasados nas súas publicacións. Se as tedes feitas pero non publicadas hai que facelo canto antes e se non as tedes feitas o "traballo a desfeito na derradeira hora" non trae bos resultados.

Lembrade o dito en clase noutras ocasións, como en calquera exame as respostas teñen que ser coherentes e axeitadas ao que se pregunta e no caso de detectarse plaxio, e dependendo da súa importancia, as entradas/blogs afectados se consideraran suspensos. 

A situación logo dunha primeira corrección é:

Mica (ata a29)  ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 40) 

Iago  (ata a 33) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 39) a 40, 41 sen facer

Yerai  (ata a 32) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41) a 29,35 e 39 sen facer

Pedro M.  (ata a 32) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41) a 29 e 40 sen facer, desolocadas

Carlos  (ata a 40) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41) 35,36,37 sen facer

Nico  (ata a 32) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41) a 29 sen facer

Alex  (ata a 34) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41) a 29 sen facer

Dani  (ata a 34) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 34)

Pedro G.  (ata a 34) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41)

Roberto  (ata a 36) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41)

Isma  (ata a 41) ACTUALIZADO ao rematar prazo (ata a 41)


jueves, 13 de abril de 2023

Exposición individúal.

 Escollede o tema da exposición e comunicádemo. Exponse por orde de elección. É obrigatorio un apoio visúal.

- Subsistemas de transición.

1. Substistema litoral: tipos, recursos, riesgos e impactos. VIDAL

2. Substistema do solo: tipos, recursos, importancia e impactos. ALEX

3. Sistema biosfera 1: concepto, biodiversidade, recursos, riesgos e impactos. MICA.

4. Sistema biosfera 2: recursos e impactos da gricultura, gandería e pesca. YERAY

- Protección ambiental.

5. Indicadores do estado do planeta: definición e explicación breve, tipos de indicadores (IPV, PE, SA) CARLOS

6. Modelos de desenvolvemento: o modelo tradicional e o modelo sostible (concepto, historia, características) PEDRO

7. Categorías de protección natural: parques, reservas, paisaxes protexidos, areas marinas e monumentos. ROBERTO

8. Parques nacionais: tipos e descripción breve da cada un deles. DANI

- Problemas ambientais en España.

9. Riesgos naturais e antrópicos: Introdución aos distintos tipos. PEDRO G.

10. Xestíón da auga: Plán hidrolóxico Nacional. Contaminación de ríos e humedais. YAGO

11. Galicia: recursos, riesgos e impactos. NICO


miércoles, 12 de abril de 2023

Resultado de imagen de importante imagen

A cualificación da materia para o terceiro parcial sera:

Entradas do blog. Da 26 a 41 (modificado por falta de tempo). Ata 4 puntos.

 (todas publicadas, péchanse o venres 5 de maio)

Exames. Ata 4,5puntos. Un exame puntuado sobre 10. 

(19 de abril) 

Traballo de exposición e saída. Ata 1,5 puntos. 

Individúal e con exposición.. Dúas/tres exposicións de 15-20 minutos.

(a partir do 24 de abril)


jueves, 30 de marzo de 2023

Actividade 41: As zonas acuáticas.

 Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acuáticas. A información que temos delas (especialmente dos océanos e mares) é claramente insuficiente.

Nesta entrada ides a traballar sobre estas grandes rexións pouco coñecidas.

1 - En que se basa a diferenciación de zonas, caracterizadas pola súa fauna e flora, nos ambientes mariños?

2 - Cales son estas zonas?

3 -  As algas son un claro expoñente destas zonas, por que?

4 - Que son as zonas abisais e que características teñen?

lunes, 27 de marzo de 2023

Actividade 40: As rexións bioxeográficas.

Outra forma de establecer as grandes rexións terrestres caracterizadas pola súa fauna e flora e mediante criterios evolutivos. Son as chamadas rexións bioxeográficas.

1 - Define rexión bioxeográfica.

2 - Sube unha imaxe que represente as rexións bioxeográficas. Desa imaxe escolle unha rexión e indica dous especies de flora e 3 de animais característicos.

3 - Indica para tres destas rexións cal é a barreira reproductiva que as "separa" do resto.

miércoles, 22 de marzo de 2023

Actividade 39: Os biomas

 A seguinte imaxe representa os biomas da Terra:

Bioma - Wikipedia, la enciclopedia libre 

xa sei ca lenda non se lee pero é a propósito 😇

Contesta:

1 - Que son os biomas?

2 - Hai biomas nos mares e océanos? Razoa a resposta.

3 - En que bioma ou biomas podemos situar á península ibérica? cales son as súas características? 

4 - Busca o bioma taiga, indica características e cita unha especia animal e unha vexetal propia da zona.


viernes, 17 de marzo de 2023

Actividade 38: Os ciclos da materia e da enerxía.

 Na biosfera hai un continuo e complexo fluxo de materia e enerxía establecido entre os compoñentes abióticos (ou non vivos) e os compoñentes bióticos (seres vivos).

1. O fluxo de enerxía é aberto e unidirecional, que quere dicir iso?

2. Que son os ciclos bioxeoquímicos? cales son os principais?.

3. Explica o ciclo do nitróxeno.

lunes, 13 de marzo de 2023

Actividade 37: Sucesións ecolóxicas.

 MOI MALAS NOTICIAS.


O ecosistema do bosque caducifolio no que tanto traballaches nas actividades 34 e 35 padeceu un incendio ... 😭 a sucesión ecolóxica foi interrompida e tardarase en acadar o estado de comunidade climax.

Non te enteras verdade, pois vaiamos por partes:

1. Que é unha sucesión ecolóxica? 

2. Como poido ser esa sucesión ata que se declarou o incendio? Era de tipo primario ou secundario?

3. Como varían as especies a medida que avanza a sucesión? que son especies xeneralistas e especies especialistas? cando se acada a comunidade climax?

4. Logo do incendio que aparentemente arrasou coa vida do ecosistema plantexaste se deixar que o bosque volva a rexenerarse ou plantar eucaliptos que crecen rápido e dan moitos cartos cando se cortan. A decisión é túa pero a terás que explicar ...


miércoles, 8 de marzo de 2023

Que è Blob?

A natureza nunca deixa de sorprender. Cantas especies únicas quedan por coñecer no planeta? cantas desaparecerán extinguidas antes de que as coñezamos?

lunes, 6 de marzo de 2023

Actividade 36: Estudo dun ecosistemas II.

 Continuamos estudando o ecosistema do Bosque caducifolio.

1. Define biomasa e nivel trófico.

2. Consultando os apuntes define cada un dos tres primeiros niveis tróficos.

3. Fai unha cadea trófica con catro das especies que escolleches na actividade anterior.

4. Engade duas especies máis (non teñen porque ser das que elexiches na actividade anterior) e constrúe unha rede trófica dun bosque caducifolio.

jueves, 2 de marzo de 2023

Actividade 35: Estudo dun ecosistemas I.

 Para comprender mellor o concepto de ecosistema ides a desenvolver un caso práctico: o ecosistema do bosque caducifolio atlántico. É un ecosistema característico de, entre outras rexións, Galicia.

Para facer a actividade tede en conta o seguinte esquema:

1. Biotopo: Que clima caracteriza a este ecosistema?, cal é a rocha dominante nel? e o relevo?

2. Biocenose: Indica un vexetal arbóreo, dous vexetais non arbóreos, un animal herbivoro, un animal carnivoro, un animal omnivoro e un animal carroñeiro característicos deste ecosistema.

3. Indica un exemplo de como un factor abiótico característico do ecosistema inflúe nalgunha das especies que viven nel.

4. Indica un exemplo de como unha especie característica do ecosistema pode influir no biotopo.

5. Pon un exemplo da influenza dun factor abiótico deste ecosistema sobre outro factor.



miércoles, 1 de marzo de 2023

Microbiomas

Relacionado cunha Biosfera moi especial, engado un enlace a un artigo publicado en ABC sobre os microbiomas, é dicir, os microbios simbiontes que viven no noso corpo.
Microbiomas

domingo, 26 de febrero de 2023

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

 Para introducir a unidade ides a buscar as definicións dalgúns conceptos básicos da mesma:

Biosfera, ecosistema, biocenose ou comunidade, biotopo, especie, poboación.

miércoles, 22 de febrero de 2023

Actividade 33: A Biosfera.

1. Define biosfera. Cales son os seus límites?

2. É díficil establecer nitidamente subsistemas dentro da Biosfera. Unha primeira clasificación pode ser a de distinguir entre zonas acuáticas e terrestres. Dentro destas últimas é común empregar a clasificación dos biomas. Que é un bioma?. Baseándote no mapa de biomas que atoparás nos apuntes indica cales son os principais biomas e que caracteriza a cada un deles.

3. Que é un ecosistema?

viernes, 17 de febrero de 2023

Nova unidade: Biosfera.

 


Derradeira unidade do curso, a Biosfera é unha capa "moi especial" da Terra á cal pertence a nosa especie. Veremos a enorme biodiversidade do planeta, a relación recíproca entre a Biosfera e o resto de capas do planeta, alguns exemplos de relacións entre seres vivos e, para rematar, a complexa e xeralmente nociva acción humana sobre ela.

martes, 14 de febrero de 2023

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 Seguindo co esquema da actividade anterior contesta:

1. Que é a enerxía nuclear?

2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?

3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?

4. Con respecto ao seu uso cal é a diferenza entre os minerais metálicos e non metálicos?

lunes, 13 de febrero de 2023

 A mina de diamantes máis extrema do planeta esta en Siberia

alternative text

miércoles, 8 de febrero de 2023

Actividade 31: Recursos da xeosfera 1.

 O seguinte esquema (tomado da unidade 4, segunda parte dos apuntes) representa unha clasificación sinxela dos recursos da Xeosfera.

Baseándote nel contesta:
1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?.
2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España?
3. Que son os combustibles fósiles? cales son? cal é o seu orixe?
4. Que datos (o máis recentes posibles) hai sobre a dependencia enerxética dos combustibles fósiles en España.




domingo, 5 de febrero de 2023

Actividade 30: Riscos ambientais.

 A imaxe representa distintos exemplos de riscos xeolóxicos. Empezando de esquerda a a dereita e de arriba a abaixo, os podes identificar?

Consejos :: Capyemejdv

lunes, 30 de enero de 2023

Actividade 29: O volcán Cumbre vieja

Tomamos como exemplo a este volcán, que recentemente entrou en erupción, para traballar nos riscos asociados a fenómenos internos ... pero sen esquecer que todo fenómeno natural considerado risco por su impacto sobre a vida tamén é unha nova oportunidade para a evolución.

Parque Natural de Cumbre Vieja | Hola Islas Canarias

Fai un pequeno informe (entre 15 e 20 liñas) onde destaques fundamentalmente os riscos asociados á erupción e un apartado das posibles futuras ventaxas disto.


jueves, 26 de enero de 2023

Actividade 28: Diapirismo e karstismo.

 1. Que formación xeolóxica representa a seguinte imaxe? Defínea.

Domo de sal - Wikipedia, la enciclopedia libre

 2. Como se orixinou a depresión que se observa na superficie?

3. Que son as zonas kársticas e que riscos teñen asociados?

lunes, 23 de enero de 2023

Actividade 27: Os riscos asociados cas características xeolóxicas do subsolo.

 Riscos como os producidos por afundementos ou por cambios de volume do terreo están relacionados tanto ca natureza das rochas (composición) como cas formacións xeolóxicas que estas orixinan (pregues ...) Vexamos algúns casos: 

 Propuesta examen PAEU Geografia_3

1. A imaxe anterior representa a composición litolóxica da península. Que subzonas litolóxicas a forman? Como é a natureza das rochas predominantes en cada zona? Que risco se poden derivar en cada caso?

2. Que é a subsidencia do terreo?. Cales poden ser as súas causas?

jueves, 19 de enero de 2023

Actividade 26: O relevo e os procesos gravitacionais.

 O relevo terrestre é o resultado da interación entre os procesos xeolóxicos externos, que teñen a súa orixe na enerxía do sol e os procesos internos relacionados co calor do interior terrestre. Ademáis sempre esta presente a forza da gravidade.

1. Que é a meteorización? Por dous exemplos.

2. É o mesmo meteorización que erosión?. xustifica a resposta.

3. Que son os procesos gravitacionais? Indica exemplos.

4. Os movementos gravitacionais (por exemplo en ladeiras) poden deberse a causas naturais ou a propia actividade humana. Indica algúns dos riscos asociados a estes fenómenos que teñan a súa orixe na actividade humana.

 Resultado de imagen de importante imagen 

A cualificación da materia para o segundo parcial sera:

Entradas do blog. Da 13 a 25. Ata 3,3 puntos.

 (todas publicadas, péchanse o venres 26 de xaneiro)

Exames. Ata 5,3 puntos. Media dos dous exames puntuados sobre 10. 

(proposta semana do 13 ao 17 de febreiro)

Traballo. Ata 1,5 puntos. 

-Cambio climático. 

(se non se entregou ou se quere mellorar o derradeiro día será 3 de febreiro)


miércoles, 18 de enero de 2023

Nova unidade: Xeosfera II

 


Nesta unidade ides a estudar as relacións entre xeosfera e a sociedade. Dalgunhas delas, como as asociadas aos riscos volcánicos e sísmicos xa falamos anteriormente. Agora o completaremos con outros riscos como os derivados dos procesos gravitacionais e introduciremos os recursos (como os minerais) e os impactos (como a minería).

martes, 17 de enero de 2023

 

Ca actividade 25 rematan os contidos da segunda avaliación. O calendario de entregas de blog e traballos publicarase en breve.

Seguiredes traballando e adiantando contidos do terceiro trimestre que sempre se fai moi curto. O previsto é que tanto traballos no blog  como informes e exames rematen uns 15 días antes da tereceira avaliación.

  

jueves, 12 de enero de 2023

Actividades 24-25: A Litosfera (parte 2)

Observa detenidamente a seguinte imaxe:



agora observa esta outra:



Contesta:

1. Identifica as placas 1,2,3, 4, 5 e 6 .

2. Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso?

3. Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso?

4. O océano Atlántico está a medrar 20 cm cada ano. Explica claramente por que ocorre este fenómeno.

5. Tendo en conta o mapa anterior explica a orixe das seguintes illas e cordilleiras:

a.  Hawai.

c.  Mar vermello.

d.  Himalaia.

e.  Xapón.

 

domingo, 8 de enero de 2023

Actividade 23: A Litosfera (parte 1)

 Nunha entrada anterior vimos as capas que forman a Terra. Na capa chamada Xeosfera diferencianse varias subcapas (codia,manto ...) pero hai unha especialmente importante: a Litosfera. Imos a estudala:

1. Que é a Litosfera?.

2. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?

3. Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.

4. Nun modelo simplificado da realidade podemos dicir que a relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?