martes, 20 de diciembre de 2022

Actividade 22: O cambio contínuo da Xeosfera.

 A través dunha serie de imaxes imos a observar a aevolución da Terra, aínda que o obxectivo e aplicalo á Xeosfera.

 Fig.1:Un mapa de conceptos que explica a formación da Terra dacordo ca teoría dos planetesimais.

 

Fig.2: A transformación da Terra dende a súa formación ata a actualidade.

 

Figs. 3 e 4: Movemento das placas litosférica ao longo do tempo.

A actividade consistirá en facer un texto que explique (unicamente utilizando as anteriores imaxes) a formación e evolución da Xeosfera.




 

 

 

 

lunes, 19 de diciembre de 2022

Unha nova visión

Apenas coñecemos nada do Universo, nin tan sequera do noso veciño máis próximo. 

Ata fai pouco Marte describíase como un planeta moi hostíl (por non dicir incompatible) para a vida. Un inmenso deserto vermello sen auga, azotada por ventos moi intensos e cunha radiación solar na superficie que fai imposible calquer tipo de vida ... pero agora as novas fontes de información  científicas abren o camiño a outras posibilidades.

Observa Marte cas novas imaxes da NASA. Os polos, cos inconfundibles tonos azuis da presenta da auga; as escasas pero existentes nubes, e as covas subterráneas, quizais un abrigo contra as radiacións mortais? 


jueves, 15 de diciembre de 2022

Actividade 21: As dúas caras da Xeosfera.

 Como vimos na anterior entrada o método sísmico permite descubrir distintas capas na Xeosfera atendendo ao seu estado (sólido ríxido, sólido plástico, líquido ...). A isto se lle coñece como clasificación dinámica.

 Paralelamente outros métodos de estudo dannos información de cal pode ser a composición química das distintas zonas da xeosfera. A isto se lle coñece como clasificación xeoquímica.

Observa a imaxe e contesta:

1. Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo?

2. Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta?

3. Que relación hai entre litosfera e codia? 

4. Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica?

5. Na xeosfera hai correntes convectivas, donde e como son?




martes, 13 de diciembre de 2022

Actividade 20: As discontinuidades.

 A seguinte imaxe representa o gráfico de propagación das ondas sísmicas dende a superficie cara ao interior da Xeosfera.


1. Cal é a diferencia entre as ondas P e S? como hai que interpretalas?

2. As discontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan?

jueves, 8 de diciembre de 2022

Actividade 19: Os métodos de estudo da Xeosfera.

 Iniciamos o cuarto bloque do curso, a Xeosfera, descubrindo os métodos científicos que se empregan para o seu estudo

A Terra ten uns 6.371 km. de radio mentres que o sondaxe artificial máis profundo perforado é o realizado na década dos oitenta pola desaparecida Unión Soviética na península de Kola, no Círculo Polar Ártico  O chamado Kola Seperdeep Borehole chegou ata 12.263 metros. A pregunta é: como podemos coñecer o interior da Xeosfera cando na realidade apenas "rozamos" a súa superficie.

1. Fai un esquema citando os métodos de estudo da Xeosfera.

2. Compara os métodos directos e indirectos.

3. Cal é o fundamento do método sísmico?

4. O estudo de meteoritos tamén pode aportar datos sobre a Xeosfera. Como?

martes, 6 de diciembre de 2022

Nova unidade: Xeosfera I.



Nesta unidade estudaremos as principais características desta capa terrrestre.


domingo, 4 de diciembre de 2022

Actividade 18: A guerra do auga.

E para rematar a unidade outra lectura. A vida e, por suposto, a nosa civilización non pode existir sen o auga. É un recurso tan valioso que a súa posesión orixina guerras e conflictos.

Accede a seguinte noticia a guerra do auga e fai un comentario persoal dun mínimo de 6 liñas.