Iniciamos o cuarto bloque do curso, a Xeosfera, descubrindo os métodos científicos que se empregan para o seu estudo.
A Terra ten uns 6.371 km. de radio mentres que o sondaxe artificial máis profundo perforado é o realizado na década dos oitenta pola desaparecida Unión Soviética na península de Kola, no Círculo Polar Ártico O chamado Kola Seperdeep Borehole chegou ata 12.263 metros. A pregunta é: como podemos coñecer o interior da Xeosfera cando na realidade apenas "rozamos" a súa superficie.
1. Fai un esquema citando os métodos de estudo da Xeosfera.
2. Compara os métodos directos e indirectos.
3. Cal é o fundamento do método sísmico?
4. O estudo de meteoritos tamén pode aportar datos sobre a Xeosfera. Como?