lunes, 28 de noviembre de 2022

Actividade 17: A dinámica das augas mariñas

 A dinámica das augas continentais xa foi explicada no ciclo da auga, pero a dinámica das augas mariñas ten outras peculiaridades. Factores como os ventos, a densidade da auga, a súa salinidade e a súa temperatura, a influenza do Sol e da Lúa ou mesmo o relevo submariño condicionan dita dinámica.

En esta actividade tes que explicar brevemente como inflúe cada un dos factores citados anteriormente.

jueves, 24 de noviembre de 2022

Actividade 16: As EDAR.

 Na actividade anterior vimos un dos métodos empregados nas EDAR para medir a calidade da auga. Agora imos a profundizar no seu funcionamento xeral.

 

1. Que é a criba?

2. Cales son as principais etapas na depuración das augas?

3. Como se separa a area das graxas que están nela? Unha vez feito como se tratan as areas?

4. Que é a decantación?

5. En que consiste o tratamento biolóxico?

6. Por que hai que, logo do tratamento biolóxico, volver a decantar?

7. Como se obtén e para que serve o biogás?


 

domingo, 20 de noviembre de 2022

Actividade 15: Calidade das augas.

  Na composición da auga doce ademáis das propias moléculas de auga hai outros compoñentes. Entre eles destaca, pola súa importancia para a vida, o osíxeno.

O DQO son as siglas que reflexan a demanda química do osíxeno (en mg/l). É un parámetro moi utilizado nas EDAR (Estacións de Depuración de Auga Residúal) municipais ou cando se producen vertidos industriais.

Observa a gráfica e contesta as preguntas: 

martes, 15 de noviembre de 2022

A partes da Hidrosfera.

A diferencia do que pasa na Atmosfera e na Xeosfera na Hidrosfera non se poden distinguir capas uniformes. 

Capas de la TIERRA y sus características - con ESQUEMAS fáciles para  estudiar!

domingo, 13 de noviembre de 2022

Actividade 14: A auga e vida.

 A Terra é o único lugar do sistema solar onde hai auga en gran cantidade e nos tres estados posibles. Imos a profundizar sobre a, en moitas ocasións, considerada a "base da vida" a auga.

1. Que base científica hai para considerala así? (propiedades e a súa relación ca vida)

2. Como se formou a hidrosfera?

3. A auga é un recurso vital. Que quere dicir a frase "a auga é un recurso renovable pero limitado".

miércoles, 9 de noviembre de 2022

Actividade 13: A Hidrosfera.

 A Terra é o unico planeta do sistema solar con abundancia e presencia permanente da auga líquida. Nesta entrada imos a estudar algunhas das características menos coñecidas da Hidrosfera.

1. Como se orixinou a Hidrosfera.

2. Dende o orixe da Terra hai un constante intercambio de auga entre a hidrosfera e o manto o que permite manter o seu volume practicamente constante. Como é ese intercambio?.

3. Relacionado co anterior, a medida que a Terra se vai arrefriando os procesos tectónicos vanse detendo. como afecto isto ao auga?

4. Podemos facer unha distinción entre as augas doces e salgadas, como se orixinan e en que se diferencian?.

lunes, 7 de noviembre de 2022

domingo, 6 de noviembre de 2022

Interpretación de mapas meteorolóxicos.

Xa vos comentei na clase que no exame da unidade 2, a Atmosfera, na parte de razoar e interpretar teredes que saber explicar un mapa do tempo a distintas escalas. 

Como exemplos póñovos un mapa da circulación atmosférica a nivel global que permanece (con pequenas variacións) ao longo do tempo, e un mapa do tempo da zona da península ibérica que, ao estar a unha escala menor, é máis variable.



Seriades capaces de interpretalos? ... espero que para o exame sí 💪

sábado, 5 de noviembre de 2022

INFORMES

 Na sección de INFORMES tedes as instrucións sobre como facer os informes ao longo do curso. 

En cada avaliación faredes dous informes, entregaranse unha vez feito o exame da avaliación. 

Periodicamente publicaranse alí os informes concretos.

XA ESTÁN COLGADOS OS DOUS INFORMES DA 1º AVALIACIÓN

jueves, 3 de noviembre de 2022

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

 Seguimos estudando o ciclo do auga agora xa enlazando ca unidade 3, a Hidrosfera:

1. As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade?

2. Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.

3. As augas mariñas son salgadas, de onde procede a súa salinidade?

4. Define: nivel freático, marea, corrente mariña, onda.

miércoles, 2 de noviembre de 2022

Actividade11: O ciclo do auga (1ª parte)

 Ao comezo da unidade 2 explícase a importancia do ciclo do auga como un exemplo de interacción entre os 5 subsistemas do planeta Terra. 

Agora, que xa estudamos a atmosfera e antes de estudar a hidrosfera faredes unha entrada sobre este ciclo:

1. Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan?

2. Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.

3. Define: escorrentía superficial; evaporación, infiltración, evapotranspiración.