viernes, 17 de septiembre de 2021

Actividade 1: Crea o teu blog

Xa vos comentei que en internet hai moitos recursos online para crear e publicar blogs (ou blogues) de xeito sinxelo e as razóns polas que se escolleu Blogger. Outras opcións gratuitas para crear o voso blog son, entre outras, WordpressWix ou Tumblr.

Opcionalmente podedes escoller calqueira das anteriores ou outras similares. Investigade cales son as súas ventaxas e inconvintes.  


Para continuar creando o blog tedes que facer o seguinte:
- Personalizalo, escollendo tema e deseño.
- Lembrar que as entradas cas tarefas teñen que estar na páxina principal.
- Crear unha paxina que chamaredes TRABALLOS. 
       - Na páxina inicial, parte superior dereita pulsade sobre Diseño.
    - No menú esquerdo escoller Páginas - Nueva página. En título poñedes   TRABALLOS.
- Na paxina principal facer a primeira entrada do blog: a vosa presentación.
      Pódese facer directamente dende a páxina principal escollendo nova entrada ou dende Diseño - menú esquerdo escoller Entradas - Nueva. En título poñedes Actividade 1: Presentación.
 - Presentaros no blog: nome, as vosas aficións, porque escollechedes esta materia, etc. O texto debe ter un mínimo de 5 liñas.

Actividade 0: Explorando ...

Na primeira clase de Ciencias da Terra ides a "explorar". Por unha banda explorar o blog da materia e, por outra, explorar o programa Blogger.

... descubrindo o blog de CTMA.

Primeiro observade que na columna dereita aparecen as presentacións dos temas que imos a dar. O contido delas é o esencial da materia, poderíamos dicir que son os contidos mínimos para preparar os exames. Eu os explicarei e incidirei nos máis importantes.

Ide polas distintas seccións do blog (en blogger se chaman páxinas) mirando o que hai en cada unha delas. Entre elas hai dúas seccións de moito interese:

- a primeira é a de TAREFAS, nela aparecen astarefas tedes que facer ao longo do curso, as unidades e temas que trataremos (sempre dependendo de canto avancemos) e os procedementos e aplicacións que empregaredes para o voso traballo. Nesta páxina é onde colgarei os prazos das tarefas e as datas de exames, así que vos recomendo visitala regularmente. 

-a outra sección de interese é a de PROTAGONISTAS onde podemos consultar, só consultar e como moito comentar dun xeito construtivo os blogs dos demais. 

Lede as seccións con atención, evitaredes preguntarme cousas que ahí xa están explicadas. 

Por outra banda botádelle unha ollada as entradas que se atopan na pantalla inicial. Serviranvos para facerse unha idea de como ides a traballar. Nun blog as entradas colócanse automáticamente por data de publicación de máis recente a máis antigas.

... descubrindo o programa Blogger. 

Para poder crear o voso blog (a partir de agora o chamaremos blog d@ alumn@) teredes que rexistravos en Blogger. Hai moitos outros programas que permiten crear blogs ... é bastante mellores. Eu escollín blogger pola súa facilidade de aprendizaxe e porque para rexistrarse (é un requisito en todos os programas deste tipo) nos vale ca conta de correo gmail ... é nos anos que levo traballando no blog tod@s vos o tedes 😀

Pasos para crear o voso blog

1- Nun buscador poñer blogger. Iniciar sesión/rexistrarse.

2- Buscar un tema que vos guste pero que teña un deseño "profesional", por exemplo cun fondo que permita ler e correxir as vosas actividades comodamente, ou que vos permita acompañar o texto con imaxes. Non sería a primeira vez que alguén elixe un mal tema, fai as actividades, se da conta (ou me dou conta eu) que non se len o que as imaxes se cortan, e cando hai que cambiar de tema o programa lle descoloca cousas. Polo tanto calma na elección do tema.

3- Personalizar o blog explorando as súas posibilidades. 


miércoles, 15 de septiembre de 2021

CURSO 2022-2023

 Ola.

Benvid@s ao  blog da materia de CTMA de 2° de bacharelato do IES Escolas Proval, en Nigrán, Pontevedra.

O blog será un cartafol onde consultar os contidos da materia, as actividades a realizar e as novas que poidan xurdir durante o curso. Tamén contaredes aquí un espazo de comunicación entre o grupo.

Dende este blog (no apartado TRABALLOS ) enlazaremos cos vosos blogs dunha forma dinámica, sendo deste xeito a canle onde tod@s compartamos os distintos aspectos da materia dun xeito máis dinámico, interactivo e -así o desexo- motivador.

A tod@s vos desexo que o curso supoña moito máis que o mero feito de superalo académicamente, cousa que chegará,. Na superación, e non menos no fracaso, maduramos e nos imos formando como persoas. Espero ca Cultura Científica contribúa a esa formación.

Que vos vaia moi ben.
Fran A.

Presentación





Bo día prezados alumn@s de Ciencias da Terra e do Ambiente. 
Son Fran Álvarez, e tentarei de facer que esta materia, que tantas posibilidades ten, vos resulte interesante e doada.
Benvidos ao curso 2022-23.