miércoles, 28 de septiembre de 2022

Actividade 3: Teoría xeral de sistemas.

Continuamos na aula virtúal. Lé atentamente porque é un apartado algo dificil

No punto 1.3 explícase que o medio ambiente (o planeta Terra) débese de estudar mediante un enfoque holístico e, por outra banda, pode considerase como un Sistema, polo que para o seu estudo debemos de aplicar a teoría de sistemas.

1. Na teoría de sistemas, que é un enfoque reducionista e que é un enfoque holístico. 

2. Cando se debe de empregar o enfoque holístico?

3. Busca información sobre a Teoría de sistemas: quén a propuxo?, en que campos se pode aplicar? ...

O resto do documento servirá para consultar o cuestionario correspondente do blog da materia.

lunes, 19 de septiembre de 2022

Infografía das etapas do método científico.

 

 A seguinte imaxe é unha infografía sobre as etapas que conforman o método científico. Fixádevos atentamente xa que neste curso faredes infografías e  teredes que aprender as etapas do método.

miércoles, 14 de septiembre de 2022

Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.

 Para facer esta actividade empregaremos a aula virtual da materia. Se aínda non estás rexistrado faino. Unha vez feito accede a Unidade 1: O sistema Terra.

Agora accede ao documento en formato .pdf e contesta as preguntas de abaixo relacionadas cos apartados:

1.1 LAS CIENCIAS DE LA TIERRA

1.2 APROXIMACIÓN AL TRABAJO CIENTÍFICO

Contesta:

1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.

2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.

3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.

4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?

  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.

5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.


O sistema Terra



Ata fai moi pouco, aceptabamos ca evolución dos organismos producíase segundo as pautas expostas por Darwin, e que a evolución do mundo material composto por rochas, aire e océanos evolucionaba segundo dicían os libros de xeoloxía. Pero a teoría de Gaia ve nestas duas evolucións anteriormente separadas como parte dunha única historia da Terra, na que a vida e o seu medio físico evolucionan como unha UNICA entidade.

James Lovelock
(creador da hipótese Gaia)

Actividade 1 (continuación): Enlazamos os nosos blogs

Para poder consultar e correxir as tarefas necesito acceder dun xeito sinxelo aos vosos blogues. Na sección PROTAGONISTAS hai instrucións de como facelo.